Técnica del estilo crol

1. Introducción
O estilo crol é considerado o nado cunha maior velocidade media, debido ao constante movemento de brazos e pernas, e tamén un dos que contén maior número de variantes coordinativas.
Neste estilo, utilízase un  batido de pés e unha acción de brazos alternativos, no cal, mentras un dos brazos se move hacia adiante coa man disposta a entrar na auga, o outro móvese avanzando baixo a auga no sentido contrario. Por outra parte, a acción de pernas no estilo crol consiste nun movemento alternativo que parte dende a cadeira, arriba e abaixo, cos dedos en punta e os pés hacia dentro.
2. Acción de piernas
A pesar de ter unha función máis estabilizadora que propulsiva, o movemento de pernas é de enorme importancia xa que contribúe a manter unha boa posición durante o nado. De feito, éstas consomen máis enerxía ca os brazos, ainda que son estes os que realizan a maior parte da propulsión.
A acción das pernas consiste nun movento diagonal alternativo, de arriba a abaixo. Na fase ascendente do batido, a perna diríxese á superficie extendida, cos pés en extensión plantar; unha vez que a planta do pé alcanza a superficie, a rodilla flexiona e comeza a fase descendente do batido de pernas, con unha extensión das pernas hacia abaixo.
Cabe destacar que o movemento das pernas non só é ascendente e descendente, senón que ademais desprázanse en diagonal. A todo isto cómpre engadir que a acción de pernas non debe ser nin moi profunda nin moi superficial, xa que nestes dous caso ofreceríase maior resistencia ao avance.
Un aspecto moi importante a ter en conta no movemento de pernas é a coordinación destas cos brazos, dentro do cal nos atopamos tres tipos: o crol de 6 tempos, utilizado por nadadores de velocidade, o de 2 tempos, utilizado por nadadores de fondo, e o de 4 tempos, que sería unha forma intermedia.

3. Acción de brazos
A brazada de crol consta de dúas fases principais, a tracción e o recobro.
Dentro da fase de tracción atopámonos con catro subfases: entrada, agarre, tirón e empuxe.







Comentarios

Entradas populares de este blog

Triple salto

La programación: análisis de la realidad

Actividad didáctica individual